Este espazo pretende reflexionar sobre a fenda dixital galega, un problema que afecta a miles de cidadáns que precisan da nosa axuda para retomar o tren tecnolóxico. Con esta filosofía a Xunta de Galicia iniciou a extinta Rede de Dinamización e a actual Rede CeMIT, como profesional de ámbalos dous proxectos comentarei os avances e os atrancos que nos podemos atopar no día a día na busca dunha diminución gradual da devandita fenda dixital.